Premios á Excelencia na Docencia Musical – I Edición
A Fundación Rogelio Groba e o Festival Groba veñen mostrando dende os seus comezos un activo interese pola difusión e ensinanza da música na nosa comunidade, afán que se ten plasmado en numerosas iniciativas que abranguen dende a organización de masterclass con solistas internacionais que permiten aos nosos xoves recibir valiosos consellos de grandes músicos ata unha intensa e continua actividade de concertos pedagóxicos que achegan a música clásica a tódolos colectivos da sociedade. Co obxetivo de impulsar e visibilizar socialmente a importante labor que moitos mestres de música veñen realizando, e sobre todo nestes tan complexos momentos que estamos a vivir por causa da pandemia, nace o Premio á Excelencia na Docencia Musical co que a Fundación Groba e o Festival Groba premiarán a un docente que destaque pola sua contribución e adicación á ensinanza da música.
Link: Festival Rogelio Groba